Limpeza de institucións hospitalarias da provincia de Ourense

Estado do convenio: En vigor

O BOP publica o convenio 2011-2013

07/9/12.

O BOP da provincia de Ourense publicou hoxe o novo convenio colectivo para o sector de limpeza de institucións hospitalarias. Está en vigor de 2011 a 2013.

Xa entrou en vigor o convenio dos anos 2009-2010

23/12/09.

O Boletín Oficial da Provincia publicou, na súa edición do 24 de decembro, o convenio da limpeza de institucións hospitalarias da provincia de Ourense dos anos 2009-2010.

Asinado o convenio provincial de Limpeza hospitalaria de Ourense, que inclúe subas do 5%

19/11/09.O convenio de Limpeza hospitalaria da provincia ourensá dos anos 2009-2010 foi asinado o 20 de novembro. O texto contempla a maior suba salarial acadada este ano na provincia, 5% de media para todos os traballadores/as, e outorga aproximadamente 500 euros a cada un en concepto de atrasos.