Comercio vario da provincia da Coruña

Estado do convenio: Negociación paralizada

Publicado no BOP o convenio para 2011-2015

18/2/14.

No día 18 de febreiro o BOP recolle o Convenio colectivo vixente de xullo de 2011 até o final de 2015.

Publicado no BOP da Coruña o acordo de ultravixencia do Convenio até xuño de 2014

14/8/13.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 14 de Agosto de 2013 vense de publicar a Acta pola que se acorda a Ultravixencia do Convenio colectivo que rexe ás traballadoras e aos traballadores do sector do Comercio vario da provincia da Coruña, até o 30 de Xuño de 2014, excluindo de tal acordo o Artigo 4 do Convenio

Publicadas as táboas do ano 2010

16/4/10.

O Boletín Oficial da Provincia publicou o 16 de abril as táboas de 2010 do convenio do comercio vario da Coruña.

Entrou en vigor o convenio dos anos 2008, 2009, 2010 e primeiro semestre de 2011

30/7/09.O convenio do Comercio vario da provincia da Coruña para os anos 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011 foi publicado polo Boletín Oficial da Provincia o pasado 30 de xullo. Para 2009 aplicarase unha suba salarial do 2´25%, mais a CIG-Servizos reclamará xudicialmente para que esta cantidade se eleve un punto máis.

Táboas salariais de 2008-2009

02/7/09.

No documento adxunto pódense consultar as táboas salariais do novo convenio do Comercio vario da provincia da Coruña, aínda sen publicar, correspondentes aos anos 2008 e 2009.

Información relacionada