Instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia

Estado do convenio: En vigor

Publicado convenio con vixencia até decembro de 2018

06/2/17.

O DOG de 6 de febreiro de 2017 publicou o III II Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia con vixencia de tres anos: desde o 1 de xaneiro de 2016 até o 31 de decembro de 2018.

Publicado no DOG o Convenio 2013-2015

27/11/13.

O Diario Oficial de Galicia de 27 de Novembro incluiu a publicación do convenio colectivo para os anos 2009-2015.

O sindicato presenta un conflito colectivo

12/7/11.

CIG-Servizos vén de presentar ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta unha papeleta de conflito colectivo fronte a patronal AXIDEGA para que se dirima unha serie de discrepancias na interpretación de varios artigos do convenio galego de instalacións deportivas. A central tamén solicitou que sexan citados ao acto de conciliación, previo á vía xudicial, os sindicatos UGT e CC.OO.

Crearanse as comisións de golf e actividades náuticas, a de seguridade, saúde e medio e desígnanse os delegados de prevención

13/6/11.

A Comisión paritaria, reunida o 13 de xuño, acordou iniciar o proceso para a creación da comisión reducida para as actividades de golf e náuticas. Do mesmo xeito, as partes decidiron constituír a Comisión Paritaria Sectorial de Seguridade, Saúde e Medio. Finalmente, nomeáronse os delegados de prevención de riscos laborais.

O DOG publica o convenio colectivo

20/9/10.

Convenio 2010-2012, publicado no DOG o 20 de setembro de 2010.

Asinado o convenio despois de anos de negociacións

29/7/10.

CIG-Servizos e CC.OO asinaron o primeiro convenio galego de instalacións deportivas, que comprenderá os anos 2010, 2011 e 2012.

Novas relacionadas

Nova proposta da parte social

04/6/10.

Nova proposta da parte social.

Proposta empresarial do 28 de maio

27/5/10.

Proposta empresarial do 28 de maio.

Acta 17ª e proposta empresarial

23/5/10.

Acta 17ª e proposta empresarial.

Acta 16ª da comisión negociadora e proposta empresarial

04/5/10.

Acta 16ª  da comisión negociadora e proposta empresarial.

Acta 15ª da comisión negociadora

26/4/10.

O 27 de abril celebrouse unha nova reunión da comisión negociadora do convenio galego de instalacións deportivas.

Acta 14ª: Propostas das partes social e empresarial

13/4/10.

O 14 de abril celebrouse unha nova xuntanza da comisión negociadora do primeiro convenio galego de instalacións deportivas. Adxúntanse, ademais da acta da reunión, as propostas das partes social e empresarial.

Acta 13ª da comisión negociadora

15/3/10.

Acta 13ª da comisión negociadora do convenio de instalacións deportivas de Galiza correspondente á xuntanza celebrada o 16 de marzo. Preme no arquivo adxunto para descargala.

Acta 12ª: Atinxido un principio de acordo no conflito dos deportes

07/3/10.

De seguido reproducimos as condicións pactadas que deberán plasmarse na redacción definitiva do convenio:

Acta 11ª: Preacordo de convenio que foi rexeitado en asemblea polos traballadores

28/1/10.

Os traballadores rexeitan en asemblea o preacordo atinxido polos sindicatos. Haberá folga indefinida no sector.

Acta 10ª: Os empresarios empeoran a súa oferta

20/1/10.

Acta décima: Os empresarios das instalacións deportivas empeoran a súa oferta.

Acta 9ª: Os empresarios están dispostos a estudar a oferta sindical nas instalacións deportivas

13/1/10.A reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais o 14 de xaneiro para achegar posturas no conflito das instalacións deportivas serviu para que os empresarios comunicasen a súa disposición a estudar a oferta sindical presentada hai un mes. A parte social desconvocou a xornada de folga do 20 de xaneiro como mostra de boa vontade. Ese mesmo día, patronal e representantes dos traballadores volveranse reunir.

Acta 7ª: Rompen as negociacións no convenio de Instalacións deportivas

05/11/09.A parte social rexeitou a última oferta dos empresarios das Instalacións deportivas, despois de analizala e sometela a debate nas asembleas de traballadores. O vindeiro 11 de novembro os delegados do sector están convocados a unha asemblea, ás 10:30 horas no local da UGT de Compostela, para estabelecer un calendario de mobilizacións.

CIG-Servizos, CC.OO e UGT entenden que as diferenzas son moi grandes nos principais puntos sometidos a debate (tratamento económico, garantía ad personam, xornada e Incapacidades Temporais).

Proposta empresarial

21/10/09.

Os empresarios presentaron a súa proposta de convenio na xuntanza da comisión negociadora celebrada o 22 de outubro.

Acta 5ª: 24 de setembro

23/9/09.

Acta da quinta reunión de negociación do convenio galego de Instalacións Deportivas.

Acta 4ª: 10 de setembro

09/9/09.

Acta da cuarta reunión de negociación do convenio galego de Instalacións Deportivas.

Acta 3ª: 28 de xullo de 2009

30/7/09.

Acta da terceira xuntanza da mesa negociadora do Convenio, realizada o 28 de xullo.

Acta 2ª: Reunión do 16 de xullo de 2009

15/7/09.

Acta da segunda xuntanza da mesa negociadora, realizada o 16 de xullo.

Constitución da mesa negociadora

29/6/09.

O 30 de xuño ficou constituída a mesa negociadora do primeiro convenio galego de instalacións deportivas.

Panfleto do 22 de xaneiro de 2009

21/1/09.

Adxúntase panfleto.