Distribuidores de produtos farmacéuticos

Estado do convenio: En vigor

Convenio para 2017 e 2018

19/10/17.

O BOE de 19 de outubro de 2017 publica o Convenio colectivo para o comercio de distribuidores por xunto de especialidades e produtos farmacéuticos, cun período de vixencia entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.

Publicado no BOE o acordo de prórroga do convenio vixente

23/1/14.

Recóllese no BOE de 23 de xaneiro a acta do acordo polo que se prorroga para todo o ano 2014 o convenio vixente, e que tamén recolle unha suba salarial de 0,5% e os salarios (por grupo) consecuentemente revisados.

Publicado no BOE o acordo para prorrogar o Convenio no ano 2013

27/5/13.

No Boletín Oficial do Estado do 27 de Maio de 2013 vense de publicar o acordo polo que se prorroga o convenio colectivo anterior no ano 2013

O BOE publica o convenio 2010-2012

09/7/12.

O BOE publicou hoxe o novo convenio do comercio de maioristas distribuidores de especialidades e produtos farmacéuticos, que rexe ata fin de ano.