Grandes almacéns

Estado do convenio: En vigor

Publicado convenio até decembro de 2020

07/10/17.

O BOE do sábado 7 de outubro de 2017 vén de publicar o convenio coletivo do sector de grandes almacéns, o cal conta con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2017 até o 31 de decembro de 2020.

Publicada sentenza da AN que anula varios artigos do convenio colectivo

19/12/13.

O BOE de 19 de decembro inclúe a publicación dunha sentenza da Audiencia Nacional española que vén anular varios dos artigos do convenio colectivo en vigor.

Publicado no BOE o Convenio colectivo para os anos 2013 a 2016

22/4/13.

No Boletín Oficial do Estado do 22 de Abril de 2013 publicouse o Convenio colectivo para os anos 2013, 2014, 2015 e 2016 que rexe ás traballadoras e aos traballadores dos grandes almacéns

Publicada modificación do convenio (táboas salariais)

19/10/12.

O Boletín oficial do estado ven de publicar o 19 de Outubro a modificación do Convenio colectivo de Grandes almacéns polo que se modifica o Artigo 27 do actual convenio, referente aos salarios das traballadoras e traballadores

Publicadas as táboas do ano 2012

28/3/12.

Publicadas no BOE do 28 de marzo de 2012 as táboas salariais deste ano.

Asinadas as táboas do ano 2012

31/1/12.

A Comisión Paritaria do convenio estatal de grandes almacéns asinou as táboas salariais do ano 2012.

Acta da comisión paritaria sobre a interpretación do artigo 32.10 do convenio

13/4/11.

Acta da comisión paritaria sobre a interpretación do artigo 32.10 do convenio (distribución da xornada).

Revisión salarial 2011

28/2/11.

Revisión salarial 2011, publicada no BOE o 28 de febreiro de 2011.

Sentenza da Audiencia Nacional que suprime varios preceptos do convenio

18/3/10.

Sentenza da Sala do Social da Audiencia Nacional (procedemento: 0000253/2009) que anula os seguintes preceptos do convenio estatal de Grandes almacéns:

O BOE publica as táboas de 2010

24/2/10.

O BOE publica as táboas de 2010 do convenio de grandes almacéns.

Xa entrou en vigor o novo convenio

04/10/09.

O convenio de Grandes Almacéns, de ámbito estatal, entrou en vigor o 5 de outubro tras ser publicado polo Boletín Oficial do Estado (BOE). O texto, que non foi asinado pola CIG, mingua drasticamente as condicións laborais dos traballadores, abre a posibilidade de modificar os horarios e hipoteca até 2012 o poder adquisitivo do persoal.

Nova relacionada

Xa se coñece o texto do convenio dos anos 2009-2012

14/8/09.

Premendo no arquivo adxunto poderás descargar o texto do convenio colectivo de Grandes Almacéns do período 2009-2012. CIG-Servizos rexéitao por ser completamente lesivo para os traballadores e traballadoras. Adxúntase tamén panfleto ao respecto.

O convenio de Grandes Almacéns hipoteca até 2012 o poder adquisitivo do persoal

12/8/09.CIG-Servizos fai unha valoración negativa do convenio de Grandes Almacéns, rubricado o pasado 5 de agosto entre a patronal ANGED e os sindicatos amarelos FETICO e FASGA no máis absoluto escurantismo e coa exclusión da central nacionalista da mesa negociadora.

De seguido, a CIG-Servizos expón unha análise crítica dos principais puntos do convenio:

Asinado o Convenio de Grandes Almacéns coa exclusión da CIG da mesa negociadora

07/8/09.Confirmáronse os peores augurios. O convenio de Grandes Almacéns foi asinado o 5 de agosto en Madrid entre os sindicatos FASGA e FETICO e mais a patronal ANGED. A CIG-Servizos non puido acudir á cita dado que foi comunicada tarde de xeito completamente intencionado.

Patronal e sindicatos españois exclúen CIG-Servizos das negociacións

05/8/09.A patronal do sector dos Grandes Almacéns e as centrais FETICO, FASGA, CC.OO e UGT están a desenvolver no máis absoluto escurantismo as negociacións do convenio, de ámbito estatal. A CIG e o sindicato vasco LAB non foron avisadas para participar nas últimas xuntanzas, malia teren pleno dereito tendo en conta a súa representatividade no sector.