Seguridade Privada

Estado do convenio: En vigor

Publicado no BOE o Convenio para 2015

12/1/15.

O Boletín estatal de 12 de janeiro recolhe nas suas páginas o texto do convenio colectivo vixente durante este ano.

Publicadas as táboas salariais de 2014 no BOE, e modificacións de artigos

02/4/14.

O Boletín Oficial estatal de 2 de abril recolle o texto de modificación, coas táboas salariais actualizadas para 2014, as actualizacións de outras retribucións, e a modificación dos artigos 41 e 42, sobre xornada laboral e horas extraordinarias.

Ampliado artigo 14 sobre subrogacións

21/3/14.

O Boletín Oficial do Estado de 2014 inclúe unha modificación do convenio, que atinxe ás subrogacións de servizos.

Publicado no BOE o convenio colectivo para os anos 2012, 2013 e 2014

25/4/13.

No Boletín Oficial do Estado do 25 de Abril de 2013 vense de publicar o Convenio colectivo para os anos 2012, 2013 e 2014 que rexe aos traballadores e ás traballadoras do sector da seguridade privada sen convenio propio de empresa

Consúmase a traizón e o sindicalismo español asina a modificación do convenio

16/4/12.

O sindicalismo español asinou, o 16 de abril, a modificación do convenio estatal de empresas de seguridade, o que suporá a ampliación da súa vixencia dous anos máis e a supresión do incremento salarial que se pactara para este ano.

Acta 3

Acta final

Texto final do convenio

Comunicado da CIG-Servizos

Constitución da mesa negociadora e borrador da modificación do convenio

11/4/12.

O pasado 11 de abril constituíuse a comisión negociadora para modificar o convenio colectivo de seguridade privada. UGT, CC.OO e USO pactaron coa patronal ampliar a vixencia do texto dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Tamén conviñeron deixar sen efecto para 2012 o incremento salarial previsto no artigo 73 do convenio, que estabelecía unha suba do 4´4%. CIG-Servizos foi o único sindicato que non subscribiu este acordo.

Engádense arquivos adxuntos.

Nova relacionada

Empresarios e sindicatos españois deixan sen efecto a suba de 2012

22/3/12.A maioría das asociacións empresariais da seguridade privada e as centrais UGT, USO e CC.OO pactaron ampliar a vixencia do convenio sectorial dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Patróns e sindicatos españois tamén conviñeron deixar sen efecto para 2012 o incremento salarial previsto no artigo 73 do texto, que estabelecía unha suba do 4´4%. CIG-Servizos foi o único sindicato que non subscribiu este acordo.

A maior parte dos colectivos empresariais e UGT, CC.OO e USO acordaron non aplicar este ano o incremento retributivo previsto no convenio. Do mesmo modo, decidiron ampliar o ámbito temporal do texto até o 31 de decembro de 2014 e, unha vez finalizado o prazo previsto e en caso de non atinxirse acordo, a vixencia do convenio mesmo podería estenderse até o ano 2018.

Patronal e sindicatos españois reuniranse a medidos de abril para desenvolver os puntos do presente acordo.

Máis unha vez, a crise do sistema capitalista serve de desculpa para recortar dereitos e tirar polo chan as conquistas da clase traballadora.

As centrais recórdanlle á patronal que o prioritario é revisar os salarios

11/1/12.Os catro sindicatos más representativos da seguridade privada no Estado (UGT, CC.OO, USO e CIG-Servizos) explicáronlles aos empresarios que nestes momentos o prioritario é dar cumprimento ao artigo 73 e aplicar a revisión salarial do ano 2012. As centrais só estarían dispostas a estudar a ampliación do convenio até 2014 unha vez que se reúna a comisión paritaria e se asinen as táboas. A patronal insiste en manifestar que o incremento salarial pactado en convenio ocasionaría “importantes consecuencias” no emprego do sector da seguridade privada. Empresarios e sindicatos volveron reunirse en Madrid o 11 de xaneiro para tratar a proposta dos primeiros de non aplicar a suba salarial estabelecida en convenio para o ano 2012.

A patronal entende que o incremento previsto para este ano (IPC real de 2011 máis o 2%) repercutiría negativamente sobre a “viabilidade das empresas e o emprego no sector”. Os patróns pretenden diferir durante tres anos esta cantidade, o que implicaría a ampliación da vixencia do convenio dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014.

A Federación de Servizos da CIG estivo representada na xuntanza polo compañeiro Tomás Martínez Rodríguez.

Acta da reunión

A patronal non quere aplicar a suba salarial de 2012

29/12/11.

A patronal da seguridade privada quere diferir durante tres anos o incremento salarial acordado no convenio para 2012 (IPC real de 2011 máis o 2%), o que implicaría a ampliación da súa vixencia dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Esta proposta fixéronllela os empresarios aos sindicatos nunha xuntanza celebrada en Madrid o 29 de decembro.

CIG-Servizos recolleu a proposta dos empresarios e manifestou que a estudará, mais expresoulles o seu malestar por abrir a comisión negociadora. Tamén lles recordou que é preciso respectar os convenios en vixencia. A Federación estivo representada na xuntanza do 29 de decembro polo secretario nacional, Paulo Rubido, e mais polo secretario federal de Negociación Colectiva, Pedro Pérez Caride.

Acta da reunión

O BOE publica o convenio do período 2009-2012

16/2/11.

O BOE publicou, na súa edición do 16 de febreiro de 2011, o convenio colectivo de seguridade privada correspondente ao período 2009-2012.

Xa se coñece a revisión salarial de 2011

29/1/11.

Xa se coñece a revisión salarial de 2011 do convenio de seguridade privada.

Modificados os artigos 41, 42 e 83 do convenio

25/1/11.

Modificados os artigos 41, 42 e 83 do convenio colectivo.

O Ministerio de Traballo insta a modificar artigos do convenio de seguridade

13/1/11.O Ministerio de Traballo ditou unha resolución na que insta a comisión negociadora do convenio de seguridade privada a modificar varios preceptos do texto, pendente de publicación no BOE, por non axustarse a Dereito. O departamento ministerial concedeu un prazo de 10 días para presentar alegacións.

Reunión 19ª: UGT e USO asinan o convenio

15/11/10.Non houbo lugar a sorpresas e cumpriuse o guión estabelecido pola patronal da seguridade privada. UGT e USO asinaron o convenio do período 2009-2012 pese a que o texto contén condicións peores que algunhas das propostas que presentaran os empresarios ao longo dos dous anos de negociación. O presente convenio ocasiona unha perda do poder adquisitivo do 2´2% e non arbitra medidas de conciliación da vida laboral e familiar, entre outras consecuencias negativas para os vixilantes.

Reunión 18ª da comisión negociadora

11/11/10.

Acta da reunión 18ª da comisión negociadora do convenio.

Reunión 17ª: UGT e USO dan por boa a proposta económica da patronal

05/11/10.UGT e USO deron o seu beneplácito á proposta dos empresarios da seguridade privada, polo que a sinatura do convenio é inminente. CIG-Servizos rexeita esta oferta porque supón unha perda importante de poder adquisitivo, nomeadamente do 2´2%. A central nacionalista reitera a súa demanda do convenio galego como única solución ás necesidades dos vixilantes.

Reunión 16ª da comisión negociadora

26/10/10.

Reunión 16ª da comisión negociadora do convenio estatal de seguridade privada, celebrada en Madrid o 26 de outubro de 2010.

A Audiencia Nacional considera que os asuntos propios na seguridade privada computan como tempo traballado

01/9/10.

Sentenza da Audiencia Nacional que estima que os asuntos propios computan como tempo traballado.

Reunión 15ª da comisión negociadora do convenio

24/6/10.

Reunión 15ª da comisión negociadora do convenio estatal de seguridade privada, desenvolvida o 24 de xuño de 2010.

A mediación do SIMA remata sen acordo

18/6/10.

Non houbo acordo na mediación no SIMA sobre a interpretación e aplicación do artigo 46, apartado j, do convenio estatal de seguridade privada relativo ao permiso retribuído dun día por asuntos propios e ao seu cómputo como xornada efectiva.

Os mediadores propoñen someter o presente conflito á negociación do novo convenio e, até que non se peche esta, que as empresas provisionen economicamente o importe do día de asuntos propios como se fose xornada efectiva de traballo.

Reunión 14ª: Os vaivéns dos sindicatos españois encoraxan a patronal da seguridade privada

11/4/10.

As propostas económicas de mínimos que defenden os sindicatos españois na seguridade privada, xunto coa fracaso da UGT ao promover unha folga que posteriormente suspendeu, están a insuflar ánimos á patronal. Os empresarios, non contentos con pretender conxelar os salarios en 2009, queren agora estender esta medida ao ano 2010 e ampliar a vixencia do convenio até 2013.

Non houbo acordo no SIMA

11/2/10.

Non houbo acordo na mediación no SIMA no conflito da seguridade privada.

Desacordo sobre o permiso retribuído por asuntos propios

10/2/10.

Desacordo no SIMA sobre o permiso retribuído por asuntos propios.

Reunión 13ª: 8 de outubro

07/10/09.

Reunión 13ª da comisión negociadora.

Reunión 12ª: A patronal presenta a súa última proposta

30/9/09.

A patronal presentou, na duodécima xuntanza da comisión negociadora, a que considera que é a súa última proposta. UGT e USO facilitaron finalmente á mesa a súa plataforma sindical. Adxúntanse acta da reunión, plataforma de UGT e USO e proposta de convenio presentada polos empresarios.

Reunión 11ª : A CIG presenta a súa plataforma de convenio

24/9/09.

A CIG presentou a súa plataforma de convenio na undécima xuntanza da comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade Privada. Do mesmo xeito, a central nacionalista reiterou a súa demanda de participar nun Acordo Sectorial Estatal de Formación Profesional para o emprego no sector da Seguridade Privada. A CIG ten o dereito a estar presente nos plans formativos estatais, como así o certifica unha sentenza da Audiencia Nacional.

Reunión 10ª: 17 de setembro

18/9/09.

Acta da décima reunión da comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade privada.

Reunión 9ª: 15 de setembro. A proposta empresarial segue a ser irrisoria

15/9/09.

O pasado 15 de setembro volveuse reunir a comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade privada. A patronal volveu presentar unha oferta irrisoria que tanto UGT como USO non miran con malos ollos.

Reunión 8ª: 16 de xullo de 2009. UGT e USO rompen a unidade sindical

17/7/09.

Acta da reunión do 16 de xullo 2009. A CIG rexeita a proposta patronal mentres os sindicatos estatais a consideran un "avance". Adxúntase tamén un comunicado da CIG-Servizos ao respecto.

Reunión 7ª: 14 de xullo de 2009

13/7/09.

Acta da reunión do 14 de xullo de 2009.

Reunión 6ª: 20 de xaneiro de 2009

19/1/09.

Acta da reunión do 20 de xaneiro de 2009. Axdúntase panfleto da CIG-Servizos.

Reunión 5ª: 2 de decembro de 2008

01/12/08.

Acta da reunión do 5 de decembro de 2008.

Reunión 4ª: 11 de novembro de 2008

10/11/08.

Acta da reunión do 11 de novembro de 2008. Adxúntase panfleto.

Reunión 3ª: 6 de novembro de 2008

05/11/08.

Acta da xuntanza do 6 de novembro de 2008.

Reunión 2ª: 4 de novembro de 2008

03/11/08.

Acta da xuntanza do 4 de novembro de 2008.

Reunión 1ª: 20 de outubro de 2008

19/10/08.

Acta da reunión do 20 de outubro de 2008. Adxúntase panfleto.

Plataforma do convenio dos anos 2009-2011

18/10/08.

Premendo no documento adxunto podes descargar a plataforma do convenio colectivo estatal de Seguridade privada para o período 2009-2011.