Grupo Zena

Estado do convenio: En vigor

Publicado no BOE modificación do convenio

04/2/13.

Publicada no Boletín Oficial do Estado do 4 de Febreiro de 2013 a Acta de modificación do convenio colectivo que rexe ás traballadoras e aos traballadores do grupo de empresas Zena

O Boletín Oficial do Estado publica o convenio 2011-2014

27/10/11.O BOE do 27 de outubro de 2011 publicou o convenio do período 2011-2014 do Grupo Zena.

Engádega da Disposición Adicional Novena ao convenio dos anos 2011-2014

30/9/11.

A comisión negociadora do convenio, reunida o 30 de setembro de 2011, acordou engadir ao texto unha nova disposición adicional, que sería novena. O convenio aínda está pendente de publicación no BOE. Axúntase acta no documento anexo.

Acordo sobre o plus de transporte

30/9/11.

A comisión negociadora do convenio do Grupo Zena acordou, na xuntanza do 30 de setembro de 2011, fixar o plus de transporte en 103´04 euros, que se percibirá en doce pagas.

Asinado o convenio do período 2011-2014

28/7/11.

UGT, FETICO e CC.OO asinaron coa patronal, o 28 de xullo de 2011, o convenio do Grupo Zena correspondente ao período 2011-2014.