Servizos de Atención ás Persoas Dependentes e desenvolvemento da promoción da autonomía persoal (estatal)

Estado do convenio: En vigor

Publicadas as táboas salariais de 2014 no BOE

08/3/14.

O boletín estatal de 8 de marzo dá publicidade ás táboas salariais válidas en 2014.

Publicado no BOE táboas salariais 2012

13/12/12.

Publicado no Boletín Oficial do Estado do 13 de Decembro a resolución de 4 de Decembro de 2012, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se corrixen erros relativos ás retribucións e se publican as novas táboas salariais para o ano 2012 modificando as recollidas no VI Convenio colectivo marco estatal de servizos de atención ás persoas dependentes e desenvolvemento de promoción da autonomía persoal.

Revisión salarial 2011

23/5/11.

Revisión salarial 2011, publicada no BOE do 23 de maio de 2011.

Acta da comisión paritaria do 18 de abril de 2011

18/4/11.Acta da comisión paritaria do 18 de abril de 2011.

Os salarios incrementaranse un 5% en 2011

31/3/11.

A Sala do Social da Audiencia Nacional recoñece o dereito dos traballadores afectados polo convenio de servizos de atención ás persoas dependentes a que se lles incremente o soldo nun 5% en 2011. O Tribunal tamén ordena que se lles abonen aos empregados os pluses de domingos e festivos a razón de 18 euros con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro en curso.

Coa presente resolución, a Audiencia Nacional estimou unha demanda de conflito colectivo presentada contra as patronais FED, FNM e LARES.

A Audiencia Nacional anula o artigo 7 do convenio

03/11/10.

A Sala do Social da Audiencia nacional estimou unha demanda interposta pola UGT e anulou o artigo 7 do convenio. Este tribunal declara que as materias enumeradas neste artigo (organización, xornada, tempo de traballo, descanso semanal, vacacións, xubilación, estrutura retributiva e salarios, licenzas e excedencias, dereitos sindicais e formación) “non poden ser reservadas en exclusiva á negociación estatal e poden ser obxecto de negociación e mellora en ámbitos inferiores ao estatal, incluído o de empresa”.

Entra en vigor a revisión salarial de 2010

01/3/10.

Entra en vigor a revisión salarial de 2010.