Empresas Organizadoras do Xogo do Bingo

Estado do convenio: Negociándose

Táboa salarial do ano 2010

01/3/12.

Táboa salarial do ano 2010 do convenio galego de empresas organizadoras do xogo do bingo, publicada no Diario Oficial de Galiza do 1 de marzo de 2012.

Asinadas as táboas do ano 2010

19/1/12.

As partes social e empresarial asinaron as táboas salariais do ano 2010 do convenio de empresas organizadoras do xogo do bingo. Os salarios incrementaranse un 3%, de acordo co IPC real de 2010.

Empresarios e sindicatos tamén acordaron que o 1 de marzo sexa a data tope para o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2010, 2011 e primeiros meses do 2012.

As partes reuniranse o 5 de xuño aos efectos de comprobar a situación do sector, analizar as actuacións que fican por desenvolver coa administración autonómica para cumprir os acordos sectoriais vixentes, así como estabelecer os incrementos retributivos para os anos 2011 e 2012.

Revisión salarial 2008 e 2009

22/6/11.

Revisión salarial 2008-2009, publicada no DOG do 22 de xuño de 2011.

Constitúese a comisión negociadora

18/5/10.

A comisión negociadora do convenio galego de empresas organizadoras do xogo do bingo quedou constituída o 19 de maio de 2010.