CIG-Servizos apoia a traballadora despedida no Jardiland de Oleiros

Concentración no Jardiland de Oleiros o 23 de xullo
24/7/10.
CIG-Servizos participou na concentración desenvolvida o 23 de xullo diante do estabelecemento de Jardiland en Iñás, no concello de Oleiros, en protesta polo despedimento dunha encargada que reclamou o cumprimento dos seus dereitos. A central nacionalista esixe a readmisión inmediata da operaria. Medio cento de persoas tomou parte na mobilización.

Persoal do almacén de Narón de Pull&Bear inicia mobilizacións para mellorar o acordo de empresa

pull_and_bear_naron
21/7/10.
Empregados do Almacén Loxístico de Pull&Bear iniciaron mobilizacións o 20 de xullo diante do centro de traballo, situado no polígono naronés de Río do Pozo, para demandar que o novo acordo de empresa conteña melloras salariais e sociais. As protestas retomaranse no mes de setembro.

Vixilantes de seguridade protestan contra o bloqueo do convenio na apertura do IKEA

Concentración de seguridade privada na apertura do Ikea da Coruña
20/7/10.
Un cento de vixilantes de seguridade privada de toda Galiza tomou parte na concentración convocada pola CIG-Servizos o 20 de xullo en coincidencia coa apertura do estabelecemento de IKEA na Coruña. A protesta serviu para visualizar ante a cidadanía o rexeitamento do sector ante a parálise da negociación do convenio, estancada por mor da inflexibilidade da patronal.

Dispoñíbel a versión do Estatuto dos Traballadores que inclúe a reforma laboral

14/7/10.
CIG-Servizos ofrece a versión actualizada do Estatuto dos Traballadores que contén as modificacións que introduciu o Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. A central tamén facilita un resumo do decretazo.

CIG-Servizos convoca unha manifestación de vixilantes na apertura do IKEA coruñés

mani_seguridade_privada_b
09/7/10.
CIG-Servizos anima todos os vixilantes de seguridade a asistir á manifestación que convocou en coincidencia coa inauguración do IKEA na Coruña o 20 de xullo. A protesta servirá para dar a coñecer á cidadanía as demandas do sector, que reclama un convenio digno e con dereitos. A marcha dará comezo ás 10:00 horas.

A Audiencia Nacional considera que os asuntos propios na seguridade privada computan como tempo traballado

07/7/10.
A Sala do Social da Audiencia Nacional dálle a razón aos sindicatos na controversia xurdida en torno á interpretación e aplicación do artigo do convenio de seguridade privada que regula os asuntos propios. O tribunal entende que o goce deste permiso retribuído debe computarse como tempo efectivo de traballo aos efectos de determinar o cumprimento da xornada ordinaria mensual ou anual.

Distribuir contido