Xosé Paz é reelixido secretario comarcal de Lugo-A Mariña

02/7/10.
Xosé Paz Fernández foi reelixido secretario comarcal da CIG-Servizos de Lugo-A Mariña na asemblea celebrada o pasado 29 de xuño, na que só concorreu unha candidatura para a elección dos diferentes organismos federais e confederais. A lista presentada contou co apoio unánime dos 112 delegados/as participantes.

O CIS Galicia, dependente da Xunta, prescinde de seis traballadores en Ferrol

30/6/10.
O CIS Galicia (Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía), dependente dunha fundación da Xunta, prescindiu na súa sede de Ferrol dos servizos de seguridade, conserxaría e mantemento, decisión que supón a perda de seis postos. CIG-Servizos e o persoal afectado acusan o Goberno galego de fomentar a perda de empregos en Ferrolterra e de deixar a sede do CIS Galicia desprovista de servizos básicos.

Convocada folga no comercio téxtil da provincia de Pontevedra para o 1 de xullo

30/6/10.
CIG-Servizos, UGT e CC.OO convocaron folga no comercio téxtil da provincia de Pontevedra para o 1 de xullo en protesta polo bloqueo da negociación do convenio sectorial. O paro afectará unhas 600 empresas e uns 4.000 traballadores/as.

A patronal da seguridade ampárase no decretazo para empeorar a súa oferta

Seguridade privada Lugo
25/6/10.
Tan só unha semana despois de ter sido aprobado polo Goberno español, o decreto lei de reforma do mercado laboral xa está a incidir de maneira negativa na negociación colectiva. Amparándose na “importantísima incerteza” que están a ocasionar os cambios no marco normativo e aducindo que o importante é o “mantemento do emprego”, a patronal da seguridade privada considera “inviábel” a proposta económica que presentara o 12 de abril, que consistía na conxelación salarial en 2009 e 2010. Os sindicatos rexeitan esta medida.

Aprazado o xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité

PICT0006.JPG
16/6/10.
O xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité previsto para o 16 de xuño en Ferrol ficou aprazado até o 2 de xullo pois os representantes da compañía non entregaron a tempo a documentación que lle reclaman os avogados da CIG. Ás portas dos xulgados ferroláns desenvolveuse unha concentración solidaria con esta compañeira despedida en marzo pasado no xeriátrico de Laraxe (Cabanas).

A Executiva Federal reparte funcións entre os seus membros

14/6/10.
A Executiva Federal resultante do V Congreso Nacional da CIG-Servizos repartiu responsabilidades entre os seus nove integrantes. Alén de Paulo Rubido como secretario nacional, Adolfo Naya é o secretario de Organización; Pedro Pérez o de Negociación Colectiva; Cristina Martínez a de Formación e Muller; Tomás Gonzalo o de Eleccións Sindicais; Xosé María Figueroa o de Propaganda; Elisa Ares a de Finanzas; Asunción Castiñeira a de Saúde Laboral e Xosé Alvite o de Medio Ambiente.

Distribuir contido