Vegalsa acentúa a represión e sanciona a presidenta do comité da Coruña

20100513_eroski_agrela
14/5/10.
Vegalsa-Eroski está a aumentar a campaña de acoso e represalias sobre os traballadores e representantes do persoal que lle plantan cara. Este grupo de alimentación vén de sancionar, baixo acusacións insidiosas, a presidenta do comité da Coruña, que é delegada da CIG-Servizos, con suspensión de emprego e soldo durante 16 días. A central está a se mobilizar para denunciar os abusos da empresa.

CIG-Servizos obtén maioría absoluta no comité coruñés de Pilsa

14/5/10.
CIG-Servizos prosegue aumentando a súa representación nas eleccións de persoal como se demostrou nas votacións ao comité provincial coruñés de Pilsa, empresa de limpeza, onde conseguiu 8 delegados, fronte aos 3 obtidos pola UGT e aos 2 acadados por CC.OO.

Os sindicatos fretan buses para asistir á manifestación do 20 de maio en Lugo

20100129_mani_bombeiros_03
13/5/10.
A CIG, CC.OO e UGT fretarán cinco buses para asistir a manifestación do día 20 en Lugo en defensa da xestión pública dos servizos de emerxencias. Dous autocares partirán de Vigo, un desde Vilagarcía e o resto da Coruña e Carballo. A marcha comezará na cidade amurallada ás 11:30 horas diante do parque de Frigsa (na avenida da Coruña) e ten previsto concluír fronte á sede da Deputación provincial.

As mobilizacións das residencias regresan a Vilanova de Arousa

20100511_residencia_vilanova_arousa.jpg
12/5/10.
Traballadores e delegados das residencias privadas da terceira idade proseguen coas mobilizacións a prol da consecución dun convenio xusto e contra a represión sindical exercida nos últimos tempos, que xa se saldou con dous delegados despedidos en Cabanas e en Vilanova de Arousa. Nesta vila celebrouse unha concentración o 11 de maio diante do xeriátrico Valle Inclán, a segunda que se realiza neste centro nos últimos seis meses.

Persoal do comercio téxtil pontevedrés volve a mobilizarse para acadar melloras

20100507_comercio_textil_vigo.jpg
10/5/10.
Por volta dun centenar de empregadas e empregados do comercio téxtil da provincia de Pontevedra saíu novamente ás rúas viguesas o 7 de maio para demandar un convenio digno e con dereitos para o sector. A mobilización decorreu entre as rúas Príncipe, Urzáiz e Gran Vía.

Traballadores de Francisco Parada comezan unha peregrinación a Compostela

20100310_francisco_parada_06.jpg
05/5/10.
Varios empregados de Francisco Parada aos que a empresa lles adebeda mensualidades iniciaron o 5 de maio en Sarria unha peregrinación a pé até Compostela, a onde confían chegar catro días máis tarde. Mentres, o propietario da compañía querelouse contra o asesor sindical da CIG por “calumnias e inxurias” por chamalo moroso, cualificativo que resulta obvio ao teor das débedas cuantiosas que o patrón ten contraídas con asalariados seus.

Distribuir contido