Non houbo avinza na conciliación do SMAC sobre o conflito colectivo presentado pola AGESS
17/3/10.
Rematou sen avinza a conciliación desenvolvida o 17 de marzo no SMAC de Vigo en relación co conflito colectivo presentado pola Asociación Galega de Empresas de Servizos Sociais (AGESS). Dita entidade quere que o convenio galego de Axuda a domicilio se declare nulo "por lesividade e falta de lexitimación" da asociación empresarial que asinou o texto.
Preme no arquivo adxunto para descargar a acta.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta_Conf_Colect_Servizo_Axuda_no_Fogar.pdf | 120.15 KB |



