Cortefiel despide dúas traballadoras con máis de 30 anos de antigüidade
Proba do anterior é que, aos dous días de producírense estes dous despedimentos, Cortefiel contou cos servizos de catro traballadoras novas con contratos eventuais a tempo parcial, o que supón un empeoramento global das condicións ao dispor de empregadas máis baratas para a compañía e con horarios máis flexíbeis.
Os propios responsábeis de Cortefiel recoñeceron aos representantes dos traballadores que o motivo real dos despedimentos é o abaratamento de custes. Isto demostra os poucos escrúpulos que ten a firma, que deixa na rúa dúas empregadas que construíron Cortefiel na cidade co seu esforzo e entrega durante máis de 30 anos, case desde os seus inicios. Así é como lles paga a empresa, despedíndoas miserabelmente a unha idade (57 e 50 anos) na que non se poden xubilar e na que dificilmente poderán atopar outro traballo.
A CIG-Servizos actuará con contundencia e non permitirá que este tipo de empresas traten os traballadores e traballadoras como mercadoría.




