UGT e USO rachan a unidade sindical na Seguridade privada
Máis unha vez a realidade demostra a inutilidade de pelexar por un convenio estatal. CIG-Servizos loitará, aínda que sexa en solitario, por un convenio galego e con dereitos para o persoal da Seguridade privada.
A proposta empresarial realizada na xuntanza do 14 de xullo (sétima reunión) representa unha provocación e unha tomadura de pelo aos traballadores e traballadoras do sector. A central nacionalista segue a manter a oferta sindical unitaria contida na acta número 6 (20 de xaneiro), unha proposta de mínimos xa de por si. A CIG-Servizos entende que se UGT e USO desexan abandonala presentando outra oferta, será baixo a súa responsabilidade e, por tanto, a unidade de acción darase por rematada.
A vindeira xuntanza da comisión negociadora hase realizar o 15 de setembro na capital do Estado español.
Actas das oito reunións celebradas até a data
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Comunicado_17_07_2009_seguridade_privada1.pdf | 1.77 MB |
| 20090716_ACTA_NUMERO_8_16_DE_JULIO_DE_2009_seguridade_privada.pdf | 1.02 MB |




