Contratas da limpeza do SERGAS incumpren o acordo de equiparación salarial
As empresas da limpeza dos hospitais do SERGAS que hai cinco meses rubricaron un acordo de equiparación salarial están a incumprir o asinado. Estas concesionarias comprometéranse por escrito o pasado 18 de febreiro a que os seus traballadores cobrasen o mesmo que o persoal do Grupo E do SERGAS. Porén, o 31 de marzo expirou o prazo para aboar os salarios pendentes do plus de equiparación.
Por outra banda, a CIG-Servizos e o resto de centrais presentes na mesa de negociación botan en falta o compromiso empresarial de recoñecer expresamente o aboamento do 3º Grao, unha vez llo faga efectivo o SERGAS ao seu persoal.
A parte social tamén incide na necesidade de constituír unha mesa de negociación específica para acadar un acordo marco de internamento e hospitalización.
Á última xuntanza da mesa negociadora, celebrada o 22 de xullo, asistiron en representación da CIG-Servizos, María do Tránsito Fernández, Carmen Cambón Otero e María Dolores Rodríguez Vázquez.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta_Carreira_Profesional_22-07-09.pdf | 105.87 KB |
| Limpeza_Hospitalaria_Carreira_Profesinal_29052009.pdf | 76.88 KB |




