O novo convenio do Comercio vario coruñés xa entrou en vigor
Foron necesarias dúas folgas, manifestacións e diversos actos de protesta durante todo un ano para conseguir melloras laborais e salariais no convenio do Comercio vario da provincia da Coruña.
VIXENCIA: 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011.
XORNADA ANUAL: 1.796 horas en 2009, 1.792 en 2010 e 1.790 en 2011.
DOMINGOS E FESTIVOS: voluntarios. Complemento de 20 euros/día. (Ao ser voluntarios convértense en horas extras e, no caso de traballalas, á parte do complemento dos 20 euros, deberase cobrar un incremento do 75%, ben sexa en cartos ou en tempo de compensación).
PERSOAL A TEMPO PARCIAL:
- 75% de incremento no pagamento das horas complementarias avisadas con menos de 7 días de antelación. A empresa ten que ter un rexistro de cando comunica a realización destas horas.
- Preferencia de aumento de horas fronte a nova contratación. A empresa ten que informar das vacantes ao persoal que está na empresa.
- Xornada continua para o persoal con menos de 30 horas á semana en centros de apertura continuada. Nos que pechen a mediodía, a xornada continua será obrigatoria nos contratos inferiores a 24 horas semanais.
LICENZAS RETRIBUÍDAS:
- 1 día máis por voda (17 días).
- 1 día por falecemento de familiar de terceiro grao.
XUBILACIÓN: Os traballadores/as poderán acollerse voluntariamente á xubilación parcial e flexíbel a partir dos 61 anos.
SEGUROS: Aumento do seguro por morte ou invalidez: 28.000 euros en 2009 e de 30.000 euros nos seguintes anos.
CONDICIÓNS ECONÓMICAS: Suba en todos os conceptos:
- 5% para o 2008
- IPC previsto máis 1´25% o resto dos anos
- Cláusula de revisión con carácter retroactivo de IPC real máis 1´25% a final de cada ano.
PROMOCIÓN PROFESIONAL: Os/as axudantes de dependente ou os/as mozos/as pasarán automaticamente aos dous anos á categoría de dependente e mozo/a especializado. Esta promoción farase efectiva a partir de xaneiro de 2010.
24 E 25 DE DECEMBRO: As horas que se traballen a partir das 16:00 horas destes días terán un incremento de 10 euros/hora.
ACUMULACIÓN DO PERMISO DE LACTACIÓN POR DÍAS COMPLETOS.
PROTOCOLO CONTRA O ACOSO MORAL E SEXUAL
COMPROMISO DE ADECUAR AS CATEGORÍAS E A CLASIFICACIÓN PROFESIONAL Á REALIDADE DO SECTOR ANTES DE QUE REMATE 2009.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| COMERCIO_VARIO_2008-2011.pdf | 148.23 KB |
| taboas_salariais_comercio_vario_corunha_08_09.pdf | 2.01 MB |




