CIG-Servizos gaña as dúas primeiras demandas contra SEAGA

32_grande.jpg
O Xulgado do Social número 2 de Ourense vén de declarar improcedentes os despedimentos de dous traballadores da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SEAGA. As sentenzas obrigan a sociedade a readmitir ou indemnizar estes empregados.
11/8/09.

A Xustiza estima que, en ambos casos, SEAGA cometeu fraude de Lei na contratación (os dous traballadores foran contratados por obra e servizo, cando terían que ser indefinidos) e, por tanto, os seus despedimentos son improcedentes. Ambos empregados poden elixir entre seren readmitidos nas mesmas condicións que rexían antes de producírense os despedimentos, ou ben seren indemnizados. A resolución ditada por este xulgado ourensán condena tamén SEAGA a aboarlles os salarios de tramitación aos demandantes. En caso de optar pola indemnización, o primeiro traballador recibiría 2024´21 euros e, o segundo, 5588´32.

Estes fallos xudiciais, consecuencia das primeiras demandas presentadas pola CIG-Servizos contra SEAGA, evidencian as prácticas irregulares na contratación que comete constantemente esta empresa pública, na que o 100% do seu cadro de persoal é eventual.

AdxuntoTamaño
Sentenzas_SEAGA.pdf2 MB