A USC actúa de mala fe no concurso do servizo de limpeza

logo_clece.jpg
O comité de empresa do servizo de limpeza da Universidade de Santiago de Compostela (USC) critica a forma en que os órganos reitores da institución académica sacaron a concurso a renovación da concesión desta actividade, actualmente xestionada pola empresa CLECE. Os representantes do persoal estudan presentar un recurso e mobilizarse ao comezo do curso.
19/8/09.

Segundo explica o comité de empresa, a Vicerreitoría de Asuntos Económicos sacou a concurso o 31 de xullo o procedemento para a renovación da concesión do servizo de limpeza da universidade, de xeito premeditado e aleivoso coa clara intención de que pasase desapercibido e evitar denuncias.

A USC non está a cumprir a lexislación xa que, independentemente dunha sentenza dun xulgado compostelán, o primeiro concurso ficou deserto e, por conseguinte, o seguinte tería que saír co 10% de incremento.

O comité de empresa está a estudar a posibilidade de recorrer o actual prego de condicións. Os representantes dos traballadores entenden que a loita pola defensa dos intereses do persoal no só pasa polos xulgados, polo que non descartan iniciar o curso académico con mobilizacións contundentes.