Unha filial do xornal La Región despide a metade do cadro de persoal

A empresa Outro, S.L., pertencente ao grupo de “La Región”, despediu catro traballadores no centro comercial do Paseo en Ourense. Tras estes despedimentos agóchase a intención empresarial de pechar o local con intereses especulativos.
07/9/09.

As causas alegadas para despedir estes empregados son de tipo económico, polo que, á espera dunha decisión xudicial, só cobrarían 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades. Entre as persoas despedidas hai traballadores con 40 anos de antigüidade na empresa.

Ademais dos despedimentos, Outro S.L. acosa o representante do persoal que nestes de momentos está de baixa médica por ansiedade.