Traballadores do servizo de seguridade do centro comercial de Narón levan un mes sen cobrar

Os cinco traballadores da empresa Syser, concesionaria da seguridade privada do centro comercial de Narón, aínda non percibiron o último salario nin a paga extraordinaria. Por este motivo, a CIG-Servizos de Ferrol mobilizouse xa en dúas ocasións, a última o 11 de setembro.
15/9/09.

A central sindical nacionalista tamén solicitou unha reunión coa xerencia do centro comercial para que medie neste conflito coa intención de buscar unha solución ao impagamento de salarios.

O 15 de setembro os traballadores reuniranse en asemblea para determinar que tipo de protestas se poden levar adiante. CIG-Servizos de Ferrol sospeita que Syser ten as contas embargadas. Por tanto, o lóxico é que outra empresa se faga cargo do servizo de seguridade mais contando co mesmo persoal que até agora desempeñou esa función.