Haberá folga en Syser, contrata da seguridade privada no centro comercial de Narón

Os traballadores Syser, empresa encargada da seguridade do centro comercial de Narón, manterán seis xornadas de folga para esixir o pagamento das nóminas atrasadas. A día de hoxe, a empresa, con sede nas Illas Canarias, ten pendentes de aboar aos vixilantes a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto.
17/9/09.

Ante esta situación e co obxectivo de presionar a empresa para que aboe as cantidades adebedadas, o persoal acordou convocar folga para os seguintes días:

1. - Dende as 7:00 horas do día 25 de setembro até as 7:00 horas do día 27.

2. - Dende as 7:00 horas do 2 de outubro até as 7:00 horas do día 4.

3. - Dende ás 7:00 horas do 9 de outubro até as 7:00 do día 11.