As traballadoras de Limpezas Ames cobran as tres nóminas atrasadas

As traballadoras de Limpezas Ames cobraron, por fin, as nóminas dos tres últimos meses. O pagamento das cantidades atrasadas produciuse na segunda xornada de folga (15 de setembro) que mantiña o cadro de persoal desta concesionaria do servizo de limpeza de dependencias municipais e de centros educativos do Concello de Ames.
17/9/09.

Non obstante, agora o persoal atópase cunha nova dificultade: a redución da xornada anunciada por SAMYL, a nova empresa adxudicataria. Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Servizos en Compostela, Roberto Alonso, anunciou o inicio dunha campaña para denunciar publicamente a eliminación de horas de limpeza en diferentes colexios do municipio. “Non se pode cambiar de empresa para eliminar horas no servizo”, explica. Esta medida repercutirá non só nos salarios das traballadoras, senón tamén nos usuarios/as dos centros.