UGT e USO avalan a proposta da patronal da Seguridade privada, que non inclúe melloras salariais

seguridade_privada_protesta.jpg
Semella que as negociacións do convenio estatal de Seguridade privada están a seguir un guión preestabelecido pola patronal e mailas centrais UGT e USO, responsábeis da quebra da unidade de acción.
18/9/09.

Ambos sindicatos seguen considerando “un avance” a proposta dos empresarios en materia salarial, argumentando con mentiras que non só mantén o poder adquisitivo senón que o incrementa "ao ser unha suba de 0´15% sobre o IPC".

Por outra banda, segue sen haber avances en dereitos sociais como por exemplo no caso das licenzas por excedencias, asunto que se pasa por alto. Tampouco se vislumbran melloras na xornada anual e todo apunta a que vai seguir como até agora.

UGT e USO teiman en afondar a ruptura da unidade sindical ao defender unha proposta de negociación que non conta co consenso da CIG e CCOO e que bota por terra a oferta de mínimos presentada pola parte social na xuntanza do 20 de xaneiro. UGT e USO presentarán a súa proposta articulada na vindeira xuntanza, prevista para o 24 de setembro en Madrid.

Reunión nacional de delegados/as da CIG

As e os delegadas da CIG na Seguridade privada están convocados a unha xuntanza de carácter nacional que versará sobre o estado da negociación. A cita hase celebrar no local da CIG de Compostela o 23 de setembro, ás 17:00 horas.

Actas das xuntanzas da comisión negociadora celebradas até a data