CIG-Servizos presenta a súa propia plataforma de convenio para a Seguridade privada
A proposta da CIG-Servizos, entregada na undécima xuntanza da comisión negociadora que se celebrou en Madrid o 24 de setembro, está articulada no seu conxunto. A suba salarial que defende a central nacionalista para todas as categorías é do IPC real máis o 5% en 2009; do IPC real máis o 4% en 2010 e do IPC real máis o 3% para o 2011.
CIG-Servizos fai un chamamento a UGT e USO para que entren en razón e desboten as propostas económicas da patronal, que consideran un “avance”. Eses sindicatos deben reflexionar e ter en conta que, de saírense coa súa os empresarios, o convenio da Seguridade privada non terá suba salarial para o 2009, condición intolerábel nun sector que non se ve afectado pola crise.
Formación Sectorial
CIG-Servizos manifestoulle ao resto de organizacións presentes na mesa a súa intención de participar na Comisión Paritaria Sectorial Estatal e no Acordo Sectorial Estatal de Formación Profesional para o emprego na Seguridade Privada. Por tanto, resulta imprescindíbel a negociación dun novo acordo no que estean representadas todas as partes presentes na mesa do convenio colectivo (entre elas a CIG-Servizos). De non ser así, todos as resolucións adoptadas pola devandita Comisión Paritaria carecerán de lexitimidade e, por tanto, serán nulas. CIG-Servizos presentou ante a mesa unha sentenza da Audiencia Nacional que recoñece o dereito da central nacionalista a acceder a subvencións estatais para a formación.
A vindeira reunión da mesa negociadora do convenio hase celebrar o 1 de outubro, a partir das 11:00 horas.
Adxúntanse acta da undécima reunión, plataforma de convenio presentada pola CIG-Servizos, escrito solicitando participar no Acordo de Formación Sectorial e sentenza da Audiencia Nacional.
Preme para consultar todas as actas das reunións da mesa negociadora
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| ACTA_NUMERO_11_Seguridade_20090924.pdf | 2.15 MB |
| Plataforma_CIG_Seguridade.pdf | 267.54 KB |
| acordo_formacion_convocatoria_CIG.pdf | 126.17 KB |
| Sentenza_AN_formacion.pdf | 1.36 MB |




