Iníciase unha campaña contra a modificación dos horarios en El Corte Inglés
CIG-Servizos recórdalles aos empregados que o cambio de horarios é unha modificación substancial de condicións de traballo que require, para a súa formalización, que o empresario e traballador estean de acordo. Trátase, ademais, dunha modificación colectiva que precisa da negociación cos comités de empresa. De todos os xeitos e se finalmente son impostos os cambios, cada traballador ten, a título individual, a opción de reclamar xudicialmente.
CIG-Servizos anima os traballadores a que se mobilicen para evitar a mingua dos seus dereitos. A central nacionalista tamén aporta outras respostas:
- A recollida de sinaturas para forzar o comité a que non acepte a imposición da empresa. En caso contrario, forzar a revogación ou dimisión do mesmo.
- Baixa inmediata como afiliado/a dos sindicatos da empresa.
- Demandas individuais en masa contra a modificación de horarios (nos 20 días hábiles seguintes á modificación).
Adxúntanse panfleto e actas de reunións do Comité Intercentros coa empresa nas que figuran as modificacións dos horarios
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| PANFLETO_HORARIOS_ECI.pdf | 31.29 KB |
| Acta_Ci_empresa_040909-1.pdf | 719.45 KB |
| eci_acta_ci_art-41_230909.pdf | 1.26 MB |




