O persoal de SEAGA segue sen saber cal vai ser o seu futuro
Uns 30 empregados de SEAGA, convocados polos comités provinciais, concentráronse nos accesos ao recinto feiral de Silleda onde nese momento se estaba a celebrar un acto partidario do PP. Os traballadores portaron faixas cos lemas “Servizo público, emprego estábel”, “SEAGA solución” e “Persoal SEAGA, futuro?".
Asemblea nacional en Compostela
O cadro de persoal de SEAGA está convocado a unha asemblea de carácter nacional que se ha celebrar na compostelá praza do Toural o 1 de outubro, ás 11:30 horas. Nela, a CIG-Servizos explicará as perspectivas legais que se abren unha vez que remate a campaña de lumes, que expira ese mesmo día, momento en que finalizan contrato os brigadistas, que representan o 90% dun cadro de persoal conformado por 2.100 persoas.




