Compostela acollerá a IV Xornada Nacional de Seguridade Privada da CIG-Servizos

xornada_seguridade_20091015.jpg
O Hotel Congreso de Compostela acollerá o 15 de outubro a celebración da IV Xornada Nacional de Seguridade Privada que organiza a CIG-Servizos. No encontro informarase da negociación do convenio e analizaranse a estratexia no sector a curto e medio prazo, ademais do intrusismo ou as eleccións sindicais, entre outros temas.
07/10/09.

Os traballadores interesados deberán anotarse antes do 13 de outubro poñéndose en contacto coas persoas responsábeis da Seguridade Privada nas súas comarcas.

PROGRAMA:

Hotel Congreso (na estrada de Compostela - A Estrada Km. 3) 

  • 11.00 Horas. Recepción de participantes e entrega de documentación.
  • 11.30 Horas. Presentación da Xornada.
  • 11.45 Horas. Saúde laboral. Coordinación de actividades preventivas.
  • 14.00 Horas. Xantar. 

Continuación da xornada

  • 16.00 Horas. Debate sobre a situación actual da Negociación Colectiva no sector.
  • 18.30 Horas. Clausura da Xornada