CIG-Servizos organiza unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria

CIG-Servizos organiza o 15 de outubro unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria. A cita hase desenvolver desde as 11:00 horas no Hotel Congreso, en Compostela (km. 3 da estrada que comunica a capital de Galiza con A Estrada).
08/10/09.

Os e as traballadoras interesadas deberán anotarse até o 13 de outubro (incluíndo este día) poñéndose en contacto coa secretaria nacional de Saúde Laboral da CIG-Servizos, Carme Antas (local de Lugo).

PROGRAMA:

Hotel Congreso (na estrada de Compostela - A Estrada Km. 3) 

  • 11.00 Horas. Recepción de participantes e entrega de documentación.
  • 11.30 Horas. Presentación da Xornada.
  • 12.45 Horas. Saúde laboral. Coordinación de actividades empresariais. (Charla a cargo de Paula González Grueiro, técnica superior en PRL do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG).
  • 14.00 Horas. Xantar. 

Continuación da xornada

  • 16.00 Horas. Saúde laboral e Negociación colectiva. (Charla a cargo de Paula González Grueiro, técnica superior en PRL do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG).
  • 18.30 Horas. Clausura da Xornada