As propostas patronal e de UGT e USO na Seguridade privada son insuficientes
A decimoterceira xuntanza da comisión negociadora do convenio de Seguridade privada non deparou sorpresa algunha. CIG-Servizos segue a valorar como insuficientes tanto a oferta patronal como a proposta realizada por UGT e USO, sindicatos responsábeis da quebra da unidade de acción.
Existen grandes similitudes entre ambas ofertas. O sindicato nacionalista bota en falta, entre múltiples aspectos, unha proposta de regulación das horas extraordinarias, cuxo artigo está en branco no texto dos empresarios e no da plataforma de UGT e USO.
Semella que a negociación do convenio está bloqueada á vista dos últimos acontecementos acaecidos na comisión negociadora pois os empresarios volveron reiterar na decimoterceira xuntanza que a súa proposta é a definitiva.
Preme para consultar as actas das xuntanzas celebradas até a data
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 20091008_ACTA_NUMERO_13.pdf | 2.22 MB |




