Celebradas con éxito as xornadas de Saúde Laboral para o persoal de Seguridade e Limpeza hospitalaria

IMG_0016.jpg
As xornadas nacionais de Saúde Laboral destinadas ao persoal de Seguridade privada e de Limpeza hospitalaria, que organizou CIG-Servizos o 15 de outubro en Compostela, foron todo un éxito. Nos encontros analizouse tamén a situación actual da negociación colectiva en ambos sectores.
19/10/09.

No caso da Seguridade privada, abordáronse de igual xeito outros temas que incumben os traballadores como o intrusismo existente na profesión ou a estratexia sindical que se debe trazar no sector a curto e medio prazo. 

Pola súa banda, o persoal da Limpeza hospitalaria recibiu información acerca da coordinación de actividades empresariais ou sobre a importancia que debe adquirir a Saúde Laboral na negociación colectiva. 

Os e as traballadoras participantes nas xornadas gozaron dun xantar de confraternización.