Bombeiros do Morrazo conseguen que a Deputación medie para readmitir o compañeiro despedido

22102009299.jpg
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo protagonizaron o 22 de outubro unha concentración na Deputación de Pontevedra coa intención de que o organismo provincial medie no conflito desatado tralo despedimento dun compañeiro pola concesionaria, Celta Prix. O vicepresidente da Deputación, José Enrique Sotelo, que ao mesmo tempo preside o Consorcio Comarcal do Morrazo, comprometeuse a manter unha xuntanza o vindeiro 28 de outubro coa empresa e a CIG-Servizos para atopar unha solución.
23/10/09.

Os bombeiros da provincia e de toda Galiza amosaron o seu rexeitamento ante este despedimento e xa comezaron a moverse. Iniciaron unha recollida de sinaturas, primeiro no propio Parque Comarcal do Morrazo e logo nos demais parques de Galiza. 

Pablo, que así se chama o bombeiro despedido, foi un traballador destacado na loita que se desenvolveu durante a negociación do anterior convenio e, como non podía ser doutro xeito, está a selo tamén na loita contra a privatización da xestión do futuro Consorcio Provincial. Como a empresa non pode despedir os delegados sindicais que tamén se significan nesta reivindicación, Celta Prix optou por botar Pablo coa intención de amedrentar o resto de compañeiros.