CIG-Servizos apoia as protestas en defensa dos acordos retributivos no SERGAS
CIG-Servizos anima os traballadores/as da Limpeza hospitalaria, cuxas empresas asinaron a equiparación salarial e laboral co persoal do SERGAS, a secundaren as mobilizacións que está a desenvolver a CIG-Saúde en defensa dos acordos retributivos rubricados en 2008, que o PP decidiu suspender.
O goberno de Núñez Feijoo optou por eliminar estes acordos, supostamente pola crise económica, pois os orzamentos para o vindeiro ano non contemplan ningunha partida destinada a este fin. O PP pretende que os traballadores da sanidade pública e os das concesionarias da limpeza paguen a crise para simular unha política de austeridade.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Carreira_Profisional_panfleto_CIG_SAUDE.pdf | 253.2 KB |
Novas relacionadas:




