A Fiscalía emite un informe favorábel sobre o recurso dos sindicatos acerca das horas extras na Seguridade
A sentenza da Audiencia Nacional déralle a razón á patronal APROSER no tocante ao valor das horas extraordinarias: “O valor da hora ordinaria de traballo para calcular o de cada hora extraordinaria está composto polo salario base, complementos persoais, de vencemento superior ao mes, o de residencia en Ceuta e Melilla no seu caso, aos que deberá engadirse o complemento de posto de traballo que efectivamente se dea”.
As centrais sindicais, pola contra, consideran que o complemento de posto de traballo debe percibirse sempre. Sobre este último punto, a Fiscalía entende que se os complementos de posto de traballo só se aboasen cando se desen as circunstancias que concretamente condicionasen o seu devengo, “o traballador tería moitas dificultades para acreditar a concorrencia, quedando en mans da empresa –parte interesada- a súa determinación”.
CIG-Servizos, CC.OO, UGT e outras centrais presentaron un recurso de casación contra esta sentenza da Audiencia Nacional perante o Tribunal Supremo, cuxa Sala do Social se reunirá o 3 de novembro para a votación e fallo do mesmo.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| informe_fiscalia_horas_extras.pdf | 4.16 MB |



