UGT solicita un AGA unilateralmente no conflito das Residencias Privadas da Terceira Idade
UGT, despois de ter rachado a unidade sindical e atacado as medidas de mobilización que se tomaron trala ruptura da mesa de negociación, quere explorar xa a vía do AGA. A central remitiulle ao Consello Galego de Relacións Laborais un escrito de promoción do procedemento de conciliación-mediación coa escusa de que a negociación está bloqueada. UGT mesmo propón mediador para este procedemento.
CIG-Servizos e CC.OO entenden que esta nova manobra obedece á intención de querer atallar as mobilizacións acordadas. Dita postura favorece a posición da patronal ao dilatar no tempo a consecución dun convenio que dignifique as condicións salariais e laborais dos traballadores e traballadoras deste sector.
CIG-Servizos e CC.OO anunciaron que acudirán a este procedemento de mediación e así llo comunicaron ao Servizo de Solución de Conflitos. Mais isto non significa que estas dúas centrais deixen de se mobilizar.
As protestas continuarán o vindeiro 4 de novembro, desta volta cunha concentración ás 11:00 horas diante da Residencia Sanitas de Vigo (Rúa do Conde, 6).
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 20091028_panfleto_3a_idade.pdf | 30.03 KB |




