Rompen as negociacións no convenio de instalacións deportivas
A parte social rexeitou a última oferta dos empresarios das instalacións deportivas, despois de analizala e sometela a debate nas asembleas de traballadores. O vindeiro 11 de novembro os delegados do sector están convocados a unha asemblea, ás 11:00 horas no local da UGT de Compostela, para estabelecer un calendario de mobilizacións.
CIG-Servizos, CC.OO e UGT entenden que as diferenzas son moi grandes nos principais puntos sometidos a debate (tratamento económico, garantía ad personam, xornada e Incapacidades Temporais). Os empresarios presentaran a súa última proposta na reunión da mesa negociadora do 22 de outubro.
Adxúntase acta da última reunión da mesa negociadora
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Acta_7_deportes.pdf | 428.75 KB |