Daviña pecha a tenda do Milladoiro e despide dúas traballadoras, entre elas a delegada de persoal

Contra os despedimentos en Daviña 4
A empresa de electrodomésticos Daviña vén de pechar o centro de traballo do Milladoiro (Ames) e de despedir dúas empregadas, unha delas delegada de persoal. CIG-Servizos iniciou unha campaña de protesta cunha concentración diante dun estabelecemento da compañía en Compostela.
09/11/09.

Daviña, amparándose na crise, alegou causas económicas para pechar a tenda do Milladoiro. Porén, CIG-Servizos ten claro que non tolerará despedimentos nunha empresa que tivo beneficios abundantes até hai pouco. Por tanto, estenderá as protestas ao resto de estabelecementos da empresa.