O persoal dos xeriátricos estabelece un novo calendario de mobilizacións

xeriatricos_vigo_manifa.jpg
Os traballadores e traballadoras das Residencias Privadas da Terceira Idade estabeleceron un novo calendario de protestas para demandar un convenio digno para este sector, que emprega 5.000 persoas na Galiza. Lugo, Chantada, Narón e A Coruña han ser os próximos destinos das mobilizacións.
10/11/09.

Por outra banda, o 19 de novembro celebrarase en Compostela un AGA a instancias de UGT, sindicato que o solicitou sen o consultar co resto de sindicatos presentes na mesa de negociación do convenio. CIG-Servizos xa expresou a súa vontade de acudir á cita, aínda que non cesará coas protestas.

Calendario de mobilizacións:

  • 18 de novembro ás 11:00 diante da Residencia SOGASERSO en Chantada
  • 25 de novembro ás 11:00 diante da Residencia Mapfre en Castro Ribeiras de Lea (Lugo)
  • 3 de decembro ás 11:00 diante da Residencia EUXA en Narón (Ferrol)
  • 17 de decembro ás 11:00 diante da Residencia Mapfre na Coruña
AdxuntoTamaño
panfleto_residencias_6.pdf25.16 KB
cartaz_residencias_2.pdf301.96 KB