Intensifícase a campaña informativa sobre o conflito do Comercio de Alimentación
Os compañeiros/as da Coruña están a distribuír panfletos nos que se debullan as demandas da plataforma sindical e a proposta patronal. Os textos repartidos reflicten o menosprezo da oferta empresarial, que tan só contempla subas máximas de 8 euros ao mes durante catro anos, e estabelecen unha comparativa entre as condicións salariais e laborais do persoal coruñés coas dos traballadores/as da provincia de Pontevedra, máis elevadas as destes como consecuencia das mobilizacións desenvolvidas no pasado e da irrelevancia nese territorio do sindicato USO.
Horarios das asembleas:
Provincia da Coruña (17 de novembro):
- Compostela: ás 22:00 horas no Hotel Peregrino.
- A Coruña: ás 22:15 horas no salón de actos do Edificio Sindical (avenida de Alfonso Molina, s/n).
- Ferrol
Provincia de Pontevedra (18 de novembro):
- Vigo: ás 22:00 horas no salón dos Salesianos (rúa Venezuela).
- Pontevedra: ás 22:00 horas no salón de actos do Edificio sindical (rúa Pasantería).
- Vilagarcía: ás 22:00 horas no Conservatorio (avenida da Mariña).
Adxuntamos panfletos repartidos pola CIG-Servizos da Coruña
Adxunto | Tamaño |
---|---|
asemblea_comercio_alimentacion_corunha.pdf | 24.97 KB |
PANFLETO_II_tendas_a_corunha.pdf | 26.33 KB |
PANFLETO_II_tendas_b_corunha.pdf | 32.6 KB |