Proseguen as concentracións contra os despedimentos en Daviña
CIG-Servizos de Compostela segue adiante coas concentracións diante das tendas de electrodomésticos Daviña, compañía que pechou recentemente o estabelecemento do Milladoiro e que despediu dúas traballadoras, unha delas delegada de persoal. O 12 de novembro a protesta desenvolveuse no centro comercial Área Central.
Daviña, amparándose na crise, alegou causas económicas para pechar a tenda do Milladoiro. Porén, CIG-Servizos ten claro que non tolerará despedimentos nunha empresa que tivo beneficios abundantes até hai pouco. Por tanto, seguirá estendendo as protestas ao resto de estabelecementos da empresa.



