Desconvocada a folga da Limpeza hospitalaria ourensá logo de alcanzase un acordo
A mediación do Consello Galego de Relacións laborais logrou a consecución dun acordo entre a parte social e os empresarios da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense que satisfai as reclamacións dos traballadores/as. Por conseguinte, a folga ficou desconvocada.
O convenio, de dous anos de duración (2009-2010), recoñece a equiparación económica en todos os conceptos salariais cos traballadores do grupo E do Sergas.
O texto tamén contempla o dereito dos traballadores/as a percibiren as cantidades devengadas en concepto de atrasos polo período de 1-07-2008 a 31-12-2008 nos seguintes conceptos: festivos, complemento de destino, nocturnidade e noites prefestivas, segundo o estabelecido no Acordo Marco 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.



