O Comercio de Alimentación coruñés aproba a convocatoria de folga
As pretensións da patronal de aumentar como máximo os salarios en 8 euros ao mes durante catro anos (uns 0´27 euros ao día), de minguar dereitos xa conquistados e a negativa a reducir a xornada anual (1.812 horas) foron razóns de peso para que as traballadoras e traballadores da provincia coruñesa adoptasen as decisións de ir á folga e de se mobilizar.
Na asembleas desenmascaráronse as falacias dos empresarios, nomeadamente do grupo Gadisa, que se amparan na crise para recortar dereitos e conxelar salarios. Representantes da CIG-Servizos valéronse dos datos aparecidos na web de Gadisa e dunha revista corporativa para refutar os argumentos dos propietarios do emporio e demostrar que o grupo segue a medrar.
Calendario de mobilizacións na provincia da Coruña:
- 23 de novembro: de 13 a 15 horas, concentración diante da nave de distribución de Gadisa no polígono de Piadela (Betanzos).
- 24 de novembro:
- de 11 a 12 horas, concentración fronte ao Gadis do centro comercial Catro Camiños (A Coruña).
- de 12 a 13 horas: concentración ás portas do Froiz da rúa Benito Blanco Rajoy (A Coruña).
- 27 de novembro: folga.
- A partir do 9 de decembro: folga indefinida.




