O sector de instalacións deportivas acorda ir á folga os días 26, 28 e 30 de novembro

20080305_folga_deportes_a_corunha_01
Arredor de 2.500 traballadores e traballadoras de máis de 150 piscinas, instalacións e clubes deportivos de Galiza están chamados á folga os días 26, 28 e 30 de novembro en demanda da negociación do convenio colectivo. Os paros afectarán máis de 100.000 usuarios de máis de 100 concellos galegos e mesmo todas as competicións, desde alevíns até profesionais de todo tipo de deportes, segundo informaron en rolda de prensa os convocantes, as federacións de Servizos da CIG, CCOO e UGT.
18/11/09.

A folga abrangue todos os centros deportivos, instalacións acuáticas, clubs náuticos e deportivos, sexan en instalacións privadas ou públicas en concesión a empresas privadas ou prestacións de servizos por empresas privadas, e abarca, en xeral, todas as empresas afectadas polo Convenio Estatal de Instalacións Deportivas e Ximnasios, aínda que nestes intres se estean aplicando outros convenios colectivos.

As demandas da parte social céntranse na negociación de catro aspectos fundamentais: o estabelecemento dun convenio que cubra a todo o sector; a modificación das condicións das Incapacidades Temporais, a xornada laboral (para que se axuste a xornada real á xornada reflectida nos contratos) e a táboa salarial.

AdxuntoTamaño
FOLGA_DEPORTES.pdf17.2 KB