Multiauto é condenada a readmitir os dous empregados despedidos por promoveren eleccións
CIG-Servizos felicítase por esta resolución xudicial que avala a tese que sempre defendeu a central de que Multiauto represaliou os dous empregados pola súa acción sindical.
Porén, a loita para dignificar as condicións na compañía continúa. Os traballadores/as teñen que realizar xornadas excesivas, de 12 ou 14 horas continuadas, onde só paran para xantar, cos perigos que isto supón para a saúde e a seguridade nun traballo que require pasar tantas horas ao volante.
Multiauto Santiago tan só paga 10 euros en dietas aos traballadores/as por conduciren os automóbiles de Leaseplan dunha punta á outra do Estado.
O persoal, asemade, ten que ofrecer dispoñibilidade absoluta ao estar localizábel as 24 horas do día sen cobrar ningún plus por este concepto. Os empregados tampouco gozan do descanso mínimo semanal nin entre xornadas, co perigo que supón nun traballo destas características.




