CC.OO, UGT e FETICO asinan un preacordo no comercio de alimentación pontevedrés

Folga no Comercio de Alimentación en Vigo 7
As centrais CC.OO, UGT e FETICO asinaron un preacordo no convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra nunha mediación do AGA que se estendeu desde as 16:00 horas do 2 de decembro até as 02:00 horas do día posterior. CIG-Servizos non rubricou o texto ao estar en desacordo coa vixencia (tres anos) e co incremento retributivo, entre outras cuestións. O persoal está convocado a asembleas, o 4 de decembro ás 22:00 horas nos locais da CIG en Vigo e Pontevedra, para someter a votación o preacordo.
03/12/09.

Puntos principais do preacordo do convenio de comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, rubricado polos sindicatos UGT, CC.OO e FETICO:

- Vixencia 3 anos.

- Incremento económico: 25 euros lineais para todos os anos de vixencia. Os pluses serán aboados co IPC real sempre que sexa positivo.

- Redución retribuída de xornada en 15 minutos de descanso.

- Acumulación de lactancia: 18 días naturais.

- Garda legal e redución por fillos/as menores de 10 anos.

- Cláusula de igualdade.

- Promoción profesional: as caixeiras/os e os mozos/as pasarán aos tres anos de permanencia na categoría a caixeira/o maior e oficial de segunda; os dependentes/as pasarán aos cinco anos a dependente maior.

- Garántese a cláusula de revisión salarial.

- Auméntanse nun día máis as licenzas por morte, etc.

- Permisos para exames prenatais.

- Permiso para renovación do certificado de residencia.