Retómanse as mobilizacións na seguridade privada
O bloqueo da negociación do convenio de Seguridade privada, onde a patronal ofrece conxelar os salarios en 2009 e unha suba de 6 euros ao mes para 2010, obriga a CIG-Servizos a se mobilizar para inverter a situación. USO e UGT, culpábeis da quebra da unidade de acción, escenificaron unha pantomima ao dar por rotas as negociacións, cando as súas propostas coinciden ao 95% coas dos empresarios.
A proposta da CIG-Servizos inclúe unha suba salarial para todas as categorías do IPC real máis o 5% en 2009; do IPC real máis o 4% en 2010 e do IPC real máis o 3% para o 2011.
Preme para ver a galería fotográfica
Consulta todas as actas da mesa negociadora do convenio





