Os empregados dos Alcampo vigueses mobilizaranse contra o cambio de horarios
A pretensión de Alcampo de trocar os horarios é consecuencia do último convenio de grandes almacéns, asinado en Madrid o verán pasado por FASGA e FETICO, que mingua considerabelmente as condicións laborais e salariais do persoal. Dito texto permite a posibilidade de realizar xornadas de 9 horas, ás que se engade outra de descanso que non computa como tempo traballado. Isto implica que os empregados poden estar 10 horas no centro de traballo.
CIG-Servizos emprendeu unha campaña informativa entre o persoal de grandes almacéns desde que El Corte Inglés modificou os horarios aos seus traballadores, de novo coa aquiescencia de FASGA e FETICO.
Concentracións nos Alcampos de Vigo:
- 19 de decembro:
- 12:15 horas no Alcampo-Vigo I
- 18:30 horas no Alcampo-Vigo II
- 23 de decembro:
- 12:15 horas no Alcampo-Vigo II
- 18:30 horas no Alcampo-Vigo I
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| panfleto_alcampo.pdf | 21.82 KB |



