A limpeza de Caixanova e do BBVA recorta horas aos traballadores/as

CIG-Servizos vén de presentar un conflito colectivo como consecuencia do recorte de horas aos traballadores/as pertencentes ás empresas de limpeza de entidades de aforro e bancarias como Caixanova e BBVA. O vindeiro 18 de xaneiro realizarase unha concentración en Vigo, ás 12:00 horas, diante da oficina central de Caixanova na cidade.
07/1/10.

A central nacionalista non permanecerá impasíbel perante este atropelo contra os dereitos dos e das traballadoras e amosa a súa firme decisión de denunciar estes abusos e de se mobilizar para impedir que as contratas da limpeza reduzan as horas ao persoal.