A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despide tres afiliadas en Vigo

20100113_flunch_vigo.2.jpg
A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despediu nos días pasados tres afiliadas da CIG-Servizos no centro de traballo situado no Alcampo de Coia, en Vigo. As compañeiras tiñan unha antigüidade na empresa próxima aos 25 anos e dúas delas foran delegadas do comité. A compañía alega causas económicas nos despedimentos, extremo que non comparte a central nacionalista. CIG-Servizos organizou unha concentración solidaria o 13 de xaneiro ás portas deste estabelecemento hostaleiro.
14/1/10.

CIG-Servizos sempre tivo maioría nos dous centros de traballo en Vigo, máis unha campaña de acoso feroz contra o sindicato ocasionou que a central nacionalista pasase a ter dúas delegadas dun total de cinco. “Agapes-Flunch” considera que os despedimentos son obxectivos por causas económicas, mais CIG-Servizos entende que son fraudulentos.

O restaurante é utilizado diariamente por multitude de clientes e traballadores e traballadoras do Alcampo de Coia.