CIG-Servizos e CC.OO reformulan a plataforma de convenio de xeriátricos
CIG-Servizos e CC.OO, en cumprimento do acordado en asemblea de traballadores, remitiron aos empresarios e a UGT unha plataforma de convenio de xeriátricos que contén algunhas modificacións con respecto ao texto inicial presentado en abril de 2009 polo conxunto da parte social. Á espera de que os sindicatos sexan convocados a un novo AGA, as mobilizacións proseguirán o 19 de xaneiro en Ferrol diante da residencia Geriatros, a partir das 11:00 horas.
A asemblea de traballadores celebrada trala mobilización na Coruña do pasado 17 de decembro acordou reformar a plataforma inicial unitaria, consensuada daquela entre UGT, CIG-Servizos e CC.OO., e retocar só os artigos relativos á xornada e á estrutura retributiva:
- En xornada, pasar dunha media de 70/75 días libres ao ano a 121 (garantindo a libranza de 2 días/semana) coa idea de non superar as 1.750 h/ano.
- No tocante á estrutura retributiva e coa idea de que os salarios máis baixos se vaian achegando aos mil euros, solicitar un incremento do 5% e deixar para a seguinte negociación os pluses de quendas e penosidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
panfleto_residencias_7.pdf | 26.08 KB |
nova_plataforma_CCOO_CIG_do_III_C.C._3a_IDADE.pdf | 148.85 KB |
Novas relacionadas: